A Exposición “Mestura” exhibe a obra de cinco artistas na galería O Faiado
Numerosos asistentes acudiron á galería O Faiado con motivo da inauguración da exposición “Mestura”, incardinada dentro da programación das festas de Riveira. Cinco son os artistas que a integran: Gerardo Crusat, Emilio Celeiro, Xoán Fernández, Pedro Bueno e Tino Canicoba. Todos eles a excepción de Fernández (que non puido acudir ao acto por cuestións persoais) …